Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 14 de decembro

11.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación de Pan do Camiño, organizado pola Asociación Anxiños.

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muiños, recibe a Asociación MACMA (Mujeres Afectadas de Cáncer de Mama) de Aspe, en Alicante, que realizaron o Camiño de Santiago.

11.00 h
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á Asemblea ordinaria do Padroado da Asociación do Museo do Pobo Galego.

11.00 h
No Colexio La Salle, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, asisten á gala de entrega de premios da Liga de Fútbol Sala e Baloncesto Special Olympics Galicia 2019.

12.30 h
No CGAC, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á recepción da académica de honra da Real Academia Galega de Belas Artes Cristina García Rodero.

20.30 h
No Teatro Principal, Manuel Liñán (Premio Nacional de Danza 2017) presenta "Baile de Autor" dentro do Programa de Escénicas 2019 e de Danza a Escena do INAEM.

Compartir: