Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 4 de marzo

11.00 h
No Centro Sociocultural do Romaño (Travesía de Vista Alegre, nº46), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Os Monicreques de Kukas de barrio en barrio". Asiste a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas) e Isabel Rey Pousada, da compañía Os Monicreques de Kukas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, para presentar os actos con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

16.30 h
Na Facultade de Filoloxía, o concelleiro de Educación, Rubén Prol, participa na inauguración das XXXIII Xornadas Pedagóxicas da Asociación de Profesores de Francés de Galicia (APFG).

20.30 h
No Teatro Principal, Condetrespés presenta a estrea absoluta de ‘Rastros’ de Roberto Vidal Bolaño, adaptada por Lois Blanco. Dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.
NOTA: Ao remate do espectáculo, #posfunción co equipo.

Compartir: