Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 3 de marzo

10:00h
No edificio Emprendia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración do Biogalicia Summit
Ubicación: Avenida do Mestre Mateo, 2 - Santiago de Compostela

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, para presentar a estrea de ‘Rastros’ de Roberto Vidal Bolaño, que será no Teatro Principal este venres e sábado. Na rolda participan tamén o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez; e o director do espectáculo, Lois Blanco.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

18:00h
No Salón Verde da Casa do Concello, reunión de traballo no marco do nomeamento de Santiago como capital da Economía Social, con asistencia do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; Maravillas Espín, directora xeral do Traballo Autónomo, da Economía Social e da Responsabilidade Social das Empresas do MITES; Covadonga Toca, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; Mª Teresa Cancelo, da USC e Celso Gándara, presidente de Foroesgal.
(SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota de prensa)

Compartir: