Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 25 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, para presentar os campeonatos de España de Loitas Olímpicas nas 3 modalidades olímpicas: Loita Feminina, Loita Libre Olímpica e Loita Grecorromana. Na rolda estarán tamén o director técnico da Federación Galega de Loitas Olímpicas, Pablo Pintos.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

18.00 h
No Centro Sociocultural O Romaño, o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, asiste á entrega dos I Premios COLEF Galicia.

18.30 h
No edificio CINC da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste a entrega do VI Premio Executivas de Galicia que recae este ano na pianista Isabel Dobarro.

20.30 h
No Teatro Principal, A Panadaría presenta ‘As que limpan’, con Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: