Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 22 de marzo

9.30 h
Na Salón Amarelo do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o embaixador de Portugal en España, João Mira-Gomes.

10.15 h
No Hotel Monumento San Francisco (Auditorio Carlos V), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asisten ao acto de inauguración do "I Revera Vinum: encontro do viño galego", promovido pola Asociación de Hostelería Compostela coa colaboración do Concello de Santiago.

10.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a 2ª Cross e Andaina solidaria para investigación da Distrofia Muscular de Duchenne y Becker "Unha tarde con Samuel". Na rolda estará tamén Juanma Mata, pai de Samuel, e Amador Pena en representación do "Club S.D. Compostela Atletismo"
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
No Museo do Pobo Galego, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego. Na rolda tamén estarán Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Jacobo Sutil, director xeral de AGADIC; Concha Losada, vicepresidenta do Padroado; e Ana Estévez Lavandeira, directora da MICE.

12.00 h
No Salón Noble do Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asisten ao acto de toma de posesión como Reitor Magnífico da Universidade de Antonio López Díaz e do seu equipo.

17.30 h
Na cafetería Lasso do Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, asisten á retransmisión da gala onde se anunciará o gañador do concurso Árbore Europea do Ano. A gala poderá seguirse a través de:
- FB live stream - https://www.facebook.com/events/540744750462714
- YouTube live stream - https://www.youtube.com/watch?v=yiafj782oUQ

Compartir: