Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 21 de marzo

9.45 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Toma en coñecemento do escrito de renuncia de Dna. Ana Belén Sabel Iglesias ao cargo de concelleira.
(Non se retransmite por streaming)

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Teatro Principal, Café de reflexión polas mañás con Paulo Filgueiras e Brigitte Vasallo, presentador pola xornalista Sara Guerrero. Dentro do ALGUÉN QUE RESPIRA! V Festival de Poesía para Corpo Principal.

12.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, participa no acto de presentación de Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua.

18.00 h
No balcón do Teatro Principal, Antón Reixa le o Manifesto do Día Mundial da Poesía, ’Non odias os luns, odias o capitalismo’. Dentro do ALGUÉN QUE RESPIRA! V Festival de Poesía para Corpo Principal.

18.15 h
No Teatro Principal, Atravesei a cerca con Miguel Anxo Fernán Vello, Susana Sánchez Aríns, Marga Tojo e Claudio Pato. Dentro do ALGUÉN QUE RESPIRA! V Festival de Poesía para Corpo Principal.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down.

20.30 h
No Teatro Principal, Corpos en disidencia (3) con Antom Fortes, Blanca Haddad e Andrea Nunes Brións. Dentro do ALGUÉN QUE RESPIRA! V Festival de Poesía para Corpo Principal.

Compartir: