Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 15 de marzo

10.00 h
No Convento de San Francisco, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega de diplomas e balance de actividades do departamento de emprego de Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, para presentar a memoria de 2021 da Policía local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na praza situada fronte á avenida de Barcelona, 33, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración da nova sede de SEA (Suelo Empresarial del Atlántico).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar a iniciativa SANTIGUAU. Estarán acompañados da presentadora e cómica Sara Escudero.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
Na Facultade de Medicina, presentación do libro "Domingo de Andrade. A invención do Barroco". Asisten: Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade; Celestino García Braña e Alfredo Vigo Trasancos, coordinadores da publicación; Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e José Luis Teófilo, responsable de Teófilo Edicións.

Compartir: