Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 04 de agosto

12.00 h
Na casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o candidato do Partido Socialista (PS) á Cámara Municipal do Porto.

13.45 h.
Na Amañecida, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitan as obras de reparación e consolidación da Ponte de Vidán.

17:00 h.
A concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, participa, vía telemática, na "Cuarta Mesa de Diálogo Virtual - Plataforma de Vinculación Internacional de Centros Históricos de Iberoamérica"

FESTIVAL C

11.30 a 13.30 h
No exterior do Centro Xove da Almáciga, obradoiros no Parque. Circonove conduce este obradoiro nas artes circenses para nenas e nenos entre 6 e 14 anos.

13.00 h
Na Zona C. Punto de información cultural, apertura da exposición Ruxe Ruxe 1996 -2021: 25 anos de Universo Gráfico. Mercedes Rosón, Concelleira de Acción Cultural, Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia e Vituco Neira, Xan Rico e Xulia Neira, integrantes de RUXE RUXE, atenderán as preguntas da prensa.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, na Sala de exposición, ciclo Colapsoloxías. Mesa e obxectos Concerto de Ángel Faraldo.

23.00 h
No exterior da Zona C (Punto de Información cultural. Praza de Cervantes), o artista transmedia Roi Fernández proxecta sobre a fachada da Zona C os videomappings 'Pegada'.

Compartir: