Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 22 de decembro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
(NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal).

1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións extraordinaria e ordinaria dos días 23 e 25 de novembro do corrente ano.
2.- Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM no ámbito do SUD 9-10. Estrada de Vigo-Chouchiños.
3.- Proposta de recoñecemento extraxudicial de créditos por gastos derivados da execución do contrato de subministro de enerxía eléctrica Naturgy Iberia, SA. Relación S/2021/154.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para transparentar a elaboración dos orzamentos municipais 2022.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para rexeitar a derrogación ou modificación da Lei de Seguridade Cidadá que supoña un menoscabo do labor das forzas e corpos de seguridade do estado.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para aplicar as medidas do pacto polo rural.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para consensuar coa veciñanza o proxecto das obras dos Concheiros, co fin de reducir as molestias causadas e adoptar un plan de axudas directas aos establecementos afectados.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para abordar a problemática das persoas sen fogar na cidade.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para a correcta regulación da música en vivo nos locais da cidade.
10.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
11.- Rogos, preguntas e interpelacións.


Interpelación:
1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre os pregos e a licitación da xestión da rede de centros socioculturais.

Rogos:
1.- Presentado polo grupo municipal do BNG para iluminar os accesos ao Museo do Pobo Galego e a rúa do Home Santo.
2.- Presentado polo grupo municipal do BNG para reclamarlle ao Goberno do Estado un redeseño da pasarela da estación intermodal adecuado á climatoloxía de Santiago.
3.- Presentado polo grupo municipal do BNG para mellorar a seguranza viaria no barrio de Sar.

Preguntas resposta oral:
1.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a convocatoria de axudas para profesionais e asociacións culturais.
2.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a adxudicación do contrato do servizo de mantemento e conservación dos sistema de control, regulación e xestión do tráfico.
3.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre un plan de poda de árbores
4.- Presentada polo grupo grupo municipal do PP sobre o procedemento para a instalación de cámaras en fachadas privadas.
5.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a situación da revisión do PE da cidade histórica.
6.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre o estado do expediente para a licitación do novo plan de mobilidade urbana sostible.
7.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a execución orzamentaria do departamento de xuventude.
8.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a posible instalación dun vertedoiro na parroquia de Nemenzo.
9.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre as accións para impedir o paso de vehículos de gran tonelaxe polo viario de acceso ao vertedoiro de Miramontes.

Preguntas resposta escrita:
1.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre horarios de apertura de instalacións deportivas.
2.- Presentada polo grupo municipal do PP en relación ao aboamento de prezos públicos regulados na ordenanza 4.27.
3.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre o prego de contratación da xestión da rede de centros socioculturais.

12.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada polo BNG para mellorar a accesibilidade no tramo inferior da rúa Bispo Teodomiro.
2.- Presentada polo BNG para reclamar o mantemento da médica pediatra adscrita ao centro das Galeras a xornada completa.
3.- Presentada polo BNG para a planificación de melloras nos centros de ensino público que reclama a Federación de ANPA.
4.- Presentada polo BNG para a cesión dunha parcela para a construcción dun centro de día nas Fontiñas.
5.- Presentada polo PP sobre a reutilización da infraestructura das cabinas telefónicas públicas.
6.- Presentada polo PP para a posta en marcha dunha campaña de dinamización da actividade comercial e hostaleira na zona Concheiros-San Pedro para a súa recuperación, logo do atraso na execución das obras de reurbanización.
7.- Presentada polo PP para mellorar a mobilidade, a seguridade e a calidade ambiental en San Lourenzo, o Carme de Abaixo e a ribeira do Sarela.
8.- Presentada por CA para a correcta finalización das obras dos Concheiros e Camiño Francés na Avda. de Lugo e Rodríguez de Viguri, e para impulsar economicamente o tecido comercial e hostaleiro do barrio de San Pedro.
9.- Presentada por CA para por un tren que vertebre o territorio e arrefríe o planeta.
10.- Presentada por CA para dar apoio ás reivindicacións das traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF).

Compartir: