Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 16 de decembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, para facer balance dos labores de asfaltado realizados nos últimos meses na cidade.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Igrexa de San Fiz de Solovio, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, visita o Belén Tradicional de San Fiz de Solovio. Asisten a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; Marta Rey, xerente do Mercado de Abastos; José María Pintos Recarey, arcipreste da cidade e administrador parroquial de San Fiz e Santa María Salomé; e o belenista José Uzal.

12.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o cónsul de Malta, Gabriel Baltar.

19.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, visitan o parque das Cancelas trala remodelación da zona dos estanques.

Compartir: