Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 10 de decembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a IV edición do concurso de canto "Compostela lírica", organizada pola asociación Amigos da Ópera. Na rolda tamén estará Xosé Lois Penas, deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao encontro que o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, manterá con representantes de concellos e administracións beneficiarias dos plans de turismo sostible do Goberno no marco do Xacobeo. (SÓ GRÁFICOS). Declaracións ás 11.45 h (presencial).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.30 h
Na Igrexa de San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao Concerto de Nadal.

Compartir: