Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 31 de xaneiro

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a cónsul xeral de Colombia en Madrid, Gloria María Borrero.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a Copa de España Infantil de Judo. Na rolda tamén estará o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas Cobo, e o delegado en Santiago, Javier Rial.

12.15 h
Na rúa Trindade, descubrimento da escultura de Concepción Arenal, con motivo da conmemoración dos 200 anos do seu nacemento. Asisten:
Pilar Sampedro, membro da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago.
Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais.
Antonio López Díaz, reitor da USC.
Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela.

Compartir: