Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 30 de xaneiro

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 19 de decembro de 2019.
2.- Proposta da Alcaldía para a adhesión do Concello á Asociación de Concellos do Camiño da ría de Muros-Noia.
3.- Proposta da Alcaldía para a adhesión do Concello á Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía.
4.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta para impulsar un acordo de cidade que consensúe unha colaboración estable entre Concello e USC.
5.- Proposición do grupo municipal do BNG para pór en marcha a tarxeta cidadá para o pagamento de servizos e bonificacións de axudas municipais.
6.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular para a conexión do Parque de Belvís coa Porta do Camiño, a rehabilitación da praza do Matadoiro e das traseiras dos edificios da rúa de San Pedro.
7.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular sobre o estudo da asunción da xestión pública nos aparcadoiros subterráneos das prazas de Galicia e de Vigo.
8.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta para a protección do pequeno comercio na cidade vella de Santiago.
9.- Dar conta de escrito do grupo municipal do Partido Popular de cambio de membros en distintas comisións.
10.- Dar conta de escritos dos grupos políticos municipais designando representantes na comisión especial de "Peleteiro".
11.- Dar conta de resolucións de prórroga do orzamento do Concello e do Auditorio do ano 2019 para o 2020.
12.- Dar conta da elevación á aprobación definitiva do Regulamento de Organización e Funcionamento da Asesoría Xurídica.
13.- Dar conta da elevación á aprobación definitiva da modificación de ordenanzas fiscais.
14.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
15.- Rogos, preguntas e interpelacións.
16.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Compartir: