Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 2 de setembro

10.00 h
Na sede da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (San Lázaro), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa conselleira, Ángeles Vázquez.
SÓ GRÁFICOS. ENVIARASE NOTA.

11.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á visita ás obras da estación de autobuses xunto coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
Punto de encontro: acceso pola avenida Clara Campoamor.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Sindo Guinarte, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o VIII Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Na rolda tamén estará o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

12.45 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co ecónomo diocesano do Arcebispado de Santiago, Fernando Barros, e co reitor do Seminario Menor, Manuel Ferreiro.

13.00 h
Na Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos nenos e nenas que participan no Verán Campus da USC.

20.00 h
Na Casa do Matadoiro, inauguración da IV edición do Festival HerDanza.

Compartir: