Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 25 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar "Curtocircuíto, 15º Festival Internacional de Cine", que se celebra do 29 de setembro ao 7 de outubro. Na rolda participan tamén a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do rexedor de Tanabe, Mitsutoshi Manago.

12.00 h
O concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, Jorge Duarte, e a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participan na actividade "Ponte no meu lugar", unha andaina en cadeira de rodas dende a estación de tren ata o Parlamento de Galicia, organizada por Cogami en colaboración co Concello, co gallo da Semana Europea da Mobilidade. Punto de encontro: diante da porta de acceso á estación de tren de Santiago.

18.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado do colexio Apóstolo Santiago de Bos Aires.

20.30 h
No Teatro Principal, "Canto de cisne", concerto de clausura do Ciclo de Lied. O baixo barítono Hanno Müller-Brachmann e o pianista Matthias Alteheld interpretarán diversas composicións de von Weber e Schubert.

Compartir: