Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 17 de decembro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Cine-concerto "Son, música e acción!", dentro do Programa Didáctico de Compostela Cultura.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar a coñecer o nome dos gañadores da XIX edición dos Premios Manuel Beiras. Na rolda tamén estará Xavier Freire, en representación da Cámara de Comercio.

12.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste ao acto de entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2018 (Sala CINC)

12.30 h
No Museo do Pobo Galego (Biblioteca Baltar), o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de presentación do proxecto da obra de ampliación do Museo do Pobo Galego. Tamén interveñen a subsecretaria do Ministerio de Facenda, Pilar Paneque; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, e Idoia Camiruaga e Ramón Fernández Hermida, autores do proxecto.

13.00 h
No Museo do Pobo Galego (Biblioteca Antón Fraguas), o alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, preside o Consello de Administración do Consorcio da Cidade de Santiago (SÓ GRÁFICOS).

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega dos XIX Premios Manuel Beiras.

20.00 h
No Teatro Principal, A Berberecheira presenta "Goldi Libre. Autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González", de César Martínez ‘Goldi', dentro do FestAlegre.

Compartir: