Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 21 de novembro

10.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o director de Cineuropa, José Luis Losa, participa na ROLDA DE PRENSA sobre o filme "Morir para contar", de Hernán Zin, que se estreou dentro do festival. Na rolda participan tamén o propio director do filme, Hernán Zin, e a produtora, Nerea Barros.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económica e Turismo, Marta Lois; do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; e da coordinadora de Maker Faire, Matilde Rodríguez, para presentar Maker Faire Galicia 2018.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centos Cívicos, Concha Fernández, para presentar a xornada "Abordaxe do senfogarismo en Compostela: estado de situación e plans de acción". Na rolda tamén estará a psiquiatra Lucía del Río.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as residencias artísticas na Sala Agustín Magán. Na rolda estará Hugo Torres, de Voadora.

18.15 h
No Museo das Peregrinacións, proxección de "Figuras", dentro de Cineuropa, con presentación e coloquio con Eugenio Canevari, director do filme.

19.30 h
No Salón Nobre do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados a Fran Pintadera e Christian Inaraja pola obra "Cándido y los demás".

19.30 h
En Numax, proxección de "La flor" (primeiro acto), dentro de Cineuropa, con presentación e coloquio con Mariano Llinás, director do filme.

Compartir: