Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 20 de xuño

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar os actos con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Na rolda estarán dous representantes da Rede galega de apoio ás persoas refuxiadas, Isabel Rey e Macamen Díaz.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar VI Jamboree de Clubs de Minibasquet Santiago 2019. Na rolda tamén estará presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó.

11.45 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, saúda os nenos e nenas dos CEIP de Vite e Raíña Fabiola que participan na marcha ciclista escolar organizada polo departamento de Educación Viaria da Policía Local

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado do Colexio Filipense de Baeza, gañador do programa AULA DE PATRIMONIO organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Reciben o concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, e a concelleira de Educación, Noa Díaz.

12.30 h
No NH Collection Santiago (avenida Burgo das Nacións, s/n), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Álvaro Álvarez, de Desconcierto Cultural, para presentar o "TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco".

20.00 h
No praza da Quintana, "Entre Bandas", concerto das Bandas Municipais de Música de Santiago e A Coruña, dirixidas por Casiano Mouriño e Juan José Ocón, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: