Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de febreiro

9.45 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o II Congreso Mundial de Educación "EDUCA 2019".

10.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial, Rafael Peña, visitan a actuación de rexeneración do pavimento e mellora da accesibilidade executada nos accesos ao Palacio de Congresos. Punto de encontro: rotonda de conexión entre as rúas Miguel Ferro Caaveiro e Fernando Casas Novoa.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, "Pangea", concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a VII edición do Festival Atlántica. Na rolda tamén participan Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Soledad Felloza, directora do festival; Jesús Basterrechea, concelleiro de Cultura de Ferrol; Lara Rodríguez, concelleira de Cultura de Lalín; e Mª del Pilar Pérez Faxil, concelleira de Cultura de Teo.

11.30 h
No Panteón de Galegos Ilustres, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á ofrenda floral a Alfredo Brañas organizada polo Padroado Alfredo Brañas.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 17 de xaneiro de 2019 número 1, á sesión extraordinaria do día 28 de xaneiro de 2019 número 2 e á sesión extraordinaria urxente do día 28 de xaneiro de 2019 número 3.
2.- Toma de posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación definitiva da Modificación puntual do Plan parcial do SUNP-22 para a reordenación de volumes no quinteiro 16. Castro de Abaixo.
4.- Aprobación inicial da Modificación puntual da Ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e do aparcamento de residentes.
5.- Proposta da concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración de aprobación de expediente de crédito co obxecto de habilitar crédito no orzamento 2018 prorrogado ao exercicio 2019 para a asunción directa do servizo de guindastre e depósito e a ORA a través da empresa municipal TUSSA.
6.- Proposición do grupo municipal popular sobre a modificación dos orzamentos do Estado para garantir as partidas necesarias para a execución da estación intermodal, o enlace orbital e a estación depuradora de augas residuais de Santiago de Compostela, de data 31 de xaneiro de 2019, número de rexistro 31.
7.- Proposición do grupo municipal BNG para a revisión do mapa das escolas infantís, de data 12 de febreiro de 2019, número de rexistro 41.
8.- Dar conta da execución trimestral cuarto trimestre 2018.
9.- Dar conta das resolucións da Alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10. Rogos, preguntas e interpelacións.
11.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
No Centro Xove da Almáciga, Cadena Dial achega á concursante eumense de OT2017, Miriam Rodríguez, ao programa Compostela Actúa, dentro das actividades programadas pola Concellaría de Mocidade.

Semana de Rosalía en Compostela
Rosalía na Rede de Centros Cívicos
Na Rede de Centros Cívicos a actriz Ana Ponte (Rosalía) e o actor Diego Freire (acompañante - biógrafo), escenificarán e lerán lecturas da obra de Rosalía nos seguintes centros:
• CC. José Saramago de Vite: 18.00 h
• CC das Fontiñas: 18.35 h
• CC Agustín Bueno do Castiñeiriño: 19.15 h
• CC Aurelio Aguirre de Conxo: 19.45 h
• CC de Santa Marta: 20.15 h

Compartir: