Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 2 de febreiro

11.00 a 14.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, #OBRADOIRO MULTIPLICA 'Manifesto Voadora’ impartido por membros da compañía teatral Voadora dentro das actividades do Club C! de Compostela Cultura.

11.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de celebración do XV aniversario da Gentalha do Pichel.

12.30 h
No Centro Cívico da Rocha, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da X Exposición da Camelia.

13.30 h
No polideportivo do Restollal, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os trofeos da Copa de España Infantil de Judo.

20.30 h
No Teatro Principal, "Hemos venido a darlo todo", de Voadora, dirixida por Marta Pazos. Dentro da programación de de Compostela Cultura Escénicas.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Nacho Vegas que presenta "Violética" dentro de Compostela Cultura Música.

Compartir: