Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 6 de novembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Díaz, para presentar o programa Boas Noites 2019, de fomento do lecer nocturno saudable. Na rolda tamén estará Nerea Couselo, da entidade Xandovela, organizadora do mesmo.

18.00 h
No CGAC, mesa redonda con motivo do 25 aniversario do Departamento de Música do CGAC, na que participa a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, xunto a Manuel Rodeiro e Margarita Ledo.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), presentación da edición facsimilar da novela "El primer loco" de Rosalía de Castro. Asisten: Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora; Fernando Cabo Aseguinolaza, catedrático da Universidade de Santiago; Denís Estévez, fotógrafo.

Compartir: