Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 13 de setembro

9.00 h
Na sede de Gaia dos Nenos, S. Coop. Galega (Santiago de Guayaquil, 6) a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste a unha nova xornada dos "Batidos sinérxicos de economía social", unha actividade enmarcada no programa "Compostela Móvese con S de Social 2018".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o I Torneo Feminino de Fútbol Gaélico "Cidade de Compostela". Na rolda estará o presidente do Estrela Vermelha, Brais Prieto, e as xogadoras Ánxela Estévez e Uxía Castro.

Compartir: