Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 28 de xaneiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Navia Rivas sobre asuntos de carácter local.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar o programa de actividades das bibliotecas e as aulas de xogo da rede de centros.

11.30 h
Na Sede do Consello Económico e Social de Galicia (Algalia de abaixo, 24), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do informe "Eixo Atlántico: situación demográfica e perspectivas". Tamén intervirán: Alfredo García, presidente do Eixo Atlántico e alcalde de O Barco de Valdeorras; Agustín Hernández, presidente do CES; Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico; e os autores Gonzalo Méndez e Andrés Mazaira.

12.45 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita a exposición "Compostela, un ano de Voz".

20.15 h
Na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (rúa do Vilar, 54) o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos premios "Merca e Gaña polo Nadal en Comercio Punto Compostela".

Compartir: