Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 7 de febreiro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao almorzo informativo do Forum Europa Tribuna Galicia co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Residencia Volta do Castro, Concerto para Maiores da Banda Municipal de Música de Santiago.

12.00 h
En Santa Lucía, o alcalde, Martiño Noriega, participa na visita ás obras de mellora da seguridade viaria na DP8203 de Vedra a Ponte de Santa Lucía, impulsadas pola Deputación da Coruña. No percorrido tamén participará o presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso.
Punto de encontro: estación de servizo de Santa Lucía

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel, previo ao concerto da RFG e o pianista Kun-Woo Paik.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia acompañada do pianista Kun-Woo Paik, dentro do ciclo de piano Ángel Brage. Dirixidos por Paul Daniel.

20.30 h
No Teatro Principal, "La Zanja", de Titzina Teatro, dentro de MemoriaPresenta do ciclo Compostela Cultura Artes Escénicas.

Compartir: