Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 7 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o Festival Intercultural, dentro do programa "Compostela Convive". Na rolda estarán representantes da Plataforma polo Emprego.

11.00 h
Os nenos e nenas que participan no Programa Municipal de Conciliación de Verán visitan a Casa da Troia.

11.00 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da exposición "O camiño urbano"

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a Semana do Patrimonio Invisible, que se celebra do 13 ao 18 de setembro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

20.30 h
No Teatro Principal, Contraproducións presenta "Commedia", dirixida por Cándido Pazó e con Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González e César Goldi. Represéntase de novo, 25 anos despois de se converter nun dos fitos do teatro galego.

Compartir: