Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 29 de setembro

10.45 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na presentación do 15 Encontro Galego de Ilustración, que organiza a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

11.00 h
Na praza de Cervantes, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á apertura da Feira Rosalía.

12.00 h
No parque de Galeras, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na Festa do Deporte. Ás 12.30 h participa no partido de fútbol 8 en Santa Isabel.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, participa no acto no que se dará lectura ao manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas Xordas.

14.00 h
Na Facultade de Filosofía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, clausura a Xornada "DCA: calidade de vida e dano cerebral adquirido", organizada pola Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace).

19.00 h
Na praza do Obradoiro, os concelleiros de Educación, Manuel Dios, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asisten á inauguración da mostra "Lenzos mariños no Obradoiro", composta por una mariña de 20 embarcacións tradicionais e da exposición "Fasquías de outrora, singraduras de futuro".

21.30 h
Na Sala Capitol, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á inauguración de CURTOCIRCUÍTO, 15º Festival Internacional de Cine, que se celebra na cidade dende hoxe ata o domingo 7 de outubro. No acto, no que participan tamén o director de Agadic, Jacobo Sutil, e o director do festival, Pela del Álamo, teremos o espectáculo Field, de Martin Messier, e Pr.mvla DJ set.

CURTOCIRCUÍTO, 15º Festival Internacional de Cine
Toda a información en curtocircuito.org.

Compartir: