Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 18 de setembro

10.00 h
No CSC de Santa Marta, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao inicio do programa Vives Emplea.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o Obradoiro Profesional para bandas emerxentes "Jam de barrio", actividade gañadora dos Orzamentos Participativos de Mocidade. Na rolda estará o coordinador da actividade, Xabier Mera.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no proxecto europeo Urbact.

12.00, 12.30, 18.00 e 20.00 h
Visitas guiadas ao Pazo de san Lourenzo, Hostal RRCC, San Agustín e Pazo de Raxoi, dentro da Semana do Patrimonio Invisible.

20.00 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, conversa entre as escritoras Marta Pessarrodona e Kerstin Hensel no marco do proxecto "O Xardín das Pedras que falan". O encontro estará moderado polo autor compostelán, Suso de Toro.

Compartir: