Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 28 de novembro

9.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a seis alcaldes e unha alcaldesa dos municipios hondureños participantes no proxecto NASMAR sobre xestión pública da auga, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade,

10.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o Premio Nobel de Química en 2016, Jean-.Pierre Sauvage, dentro do programa ConCiencia.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar FestAlegre. Na rolda tamén estarán César Martínez "Goldi" e Xesús Ron.

11.30 h
No Salón Verde, sinatura do convenio de colaboración entre os concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago de Compostela para a delimitación do itinerario cultural a Santiago da ría de Muros-Noia. Asisten:
- José M. Miñones Conde, alcalde do Concello de Ames.
- José Luis García García, alcalde do Concello de Brión.
- Teresa Villaverde Pais, alcaldesa do Concello de Lousame.
- José Antonio Uhía Martínez, concelleiro de Promoción Económica, Deporte e Facenda do Concellos de Muros
- Santiago Freire Abeijón, alcalde do Concello de Noia.
- María Beatriz Molinos Vidal, alcaldesa do Concello de Outes.
- Luis Oujo Pouso, alcalde do Concello de Porto do Son.
- Ramón Tojo Lens, alcalde do Concello de Rois.
- Martiño Noriega Sánchez, alcalde do Concello de Santiago de Compostela.

12.30 h
Na Cidade da Cultura (Sala Eisenman), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na Comisión organizadora do Xacobeo 2021.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de presentación do libro "Os Bolechas van a Santiago de Compostela". Asisten Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e Tomás Valín, director comercial da editorial Bolanda.

20.30 h
No Teatro Principal, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, entrega o Premio Cineuropa a Antonio Durán "Morris", no acto de clausura do festival, no que tamén se anunciará o palmarés do Xurado Novo, e se entregará o Premio de Dereitos Humanos.

Compartir: