Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 27 de novembro

10.30 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro de Convivencia e Medio Ambiente, Xan Duro, asiste ao acto de Cruz Vermella de presentación de dúas bicicletas para o seu uso na cidade. No acto estará o presidente de Cruz Vermella Santiago, José Luis Barreiro, e a coordinadora da entidade social en Santiago, Rocío Ovalle.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para dar conta da resolución da convocatoria aberta de axudas a procesos culturais.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar unha nova edición do Mercado da Estrela. Na rolda estará a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e Mónica Mejías, organizadora do evento.

Compartir: