Previsións informativas para o mércores 8 de maio
10.15 h
No Auditorio de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na VI Gala pola Seguridade Viaria. Tamén asiste o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro.
11.00 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese con Manuel Durán Clemente, coronel do exército portugués, capitán do MFA e un dos líderes da Revolución dos Caraveis.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e de Abel Gómez, presidente do Club Ciclista Compostelano, para presentar a XXIII Carreira da Ascensión.
12.00 h
Na sede do Consorcio, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside a Comisión executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota.
19.30 h
No Salón Nobre, recepción á Selección Comarcal de Santiago de fútbol femenino Sub 14, campioas galegas comarcais.
20.00 h
Na Salón Nobre, recepción ás xogadoras do Club de Hockey Compostela, subcampioas da Copa de SAR A Princesa e recén ascendidas á elite do hockei, a OK Liga Feminina.