Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 19 de maio

12.00 h
No Teatro Principal, concerto ‘Dende a Morriña Galega’ da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela baixo a dirección de Juanjo Ocón. Obras de R. Soutullo, C.T. Smith, X. Montes, e J. Barnes nun recital de balde previa retirada de convites (máx. 2 por persoa).

12.30 h
Na piscina de Santa Isabel, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao partido da fase de ascenso a segunda división entre o Club Waterpolo Santiago e o Club Waterpolo Murcia.

13.00 h
Na Fundación DIDAC, ‘Declaro deserto’, poesía performativa da man de Nuria Vil, ao abeiro do Festival Plataforma e coa colaboración da Deputación da Coruña. Estrea absoluta. Entrada libre até completar capacidade.

18.00 h
No CGAC, performance ‘Blob’ de María Jerez ao abeiro do festival Plataforma. Estrea en Galicia. Entrada libre até completar capacidade

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, ‘Fóra de si’, performance de Nuria Sotelo e Luz Arcas ao abeiro do festival Plataforma. Estrea absoluta.

Compartir: