Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 27 de xullo

10.00 h
Pleno ordinario
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións extraordinaria do día 17 de xuño e ordinaria do día 4 de xullo, ambas do corrente ano.
2.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2022-CREXT-12, por importe de 154.438,32 euros financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello exercicio 2021, levantamento de reparo de competencia plenaria e o recoñecemento extraxudicial de créditos para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413.
3.- Proposta da alcaldía para o outorgamento de títulos, honras e distinción.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para que se abra o novo centro cívico da cidade vella situado na praza de Salvador Parga.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para facilitar a accesibilidade ao novo edificio do proxecto do polo de innovación de biotecnoloxía na Sionlla.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para o mantemento da emisión por streaming das roldas de prensa e das sesións plenarias.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a elaboración dunha estratexia para a accesibilidade, posta en valor e mantemento de edificios de interese histórico, cutural e turístico de Santiago.
8- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
9- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1.- Formulada polo grupo municipal do PP para a posta en servizo dos quioscos da Alameda e da Praza de Vigo.
Rogos:
1.- Formulado polo grupo municipal do PP para instalación de iluminación no lugar da Xesteira-San Caetano.
2.-.Formulado polo grupo municipal do PP par a mellora da seguridade e a calidade ambiental no parque Alfredo Vicenti-Lamas de Abade.
3.- Formulado polo grupo municipal do PP para coordinar as obras que afecten ao tráfico na contorna dos centros escolares.
4.- Formulado polo grupo municipal do BNG para a reparación das escaleiras do parque de Belvís.
5.- Formulado polo grupo municipal do BNG para cambiar de emprazamento a escultura das vítimas de violencia de xénero para as inmediacións da casa das mulleres Xohana Torres.
6.- Formulado polo grupo municipal de CA para que se atendan as persoas sen fogar desprazadas da dársena de Xoán XXIII.
7.- Formulado polo grupo municipal de CA para que se arranxe o paso sobre o rego Salgueiro en Bálsoma.
8.- Formulado polo grupo municipal de CA para que se realice a limpeza das hortas municipais situadas no barrio de Fontiñas.
Preguntas resposta oral:
1.- Formulada polo grupo municipal de CA sobre os orzamentos participativos.
2.- Formulada polo grupo municipal do PP sobre as medidas en relación co aparcamento ilegal na contorna do aeroporto.
3.- Formulada polo grupo municipal do PP sobre as actuacións realizadas ao longo do último ano e medio para evitar o risco de incendio forestal nos arredores do IES Lamas de Abade.
4.- Formulada polo grupo municipal do PP sobre a extensión de actividades alternativas para o ocio nocturno da mocidade ao longo do ano.
5.- Formulada polo grupo municipal do BNG para a adopción de medidas de protección e divulgación de alquerques, taboleiros de xogo en lousas.
6.- Formulada polo grupo municipal do BNG sobre o novo parque comarcal supramunicipal de bombeiros.
7.- Formulada polo grupo municipal de CA sobre o novo sentido de circulación na rúa das Hortas.
8.- Formulada polo grupo municipal de CA sobre as consecuencias para a veciñanza da rúa Porto de Conxo pola construción do novo viario de acceso ao Milladoiro.
Preguntas resposta escrita:
1.- Formulada polo grupo municipal do PP sobre o proxecto de iluminación da rúa das Estrelas.
2.- Formulada polo grupo municipal de CA sobre a explotación dos quioscos da Alameda e da praza de Vigo.
10- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo BNG para a estabilización dos postos de traballo municipais.
2.- Presentada polo BNG para a mellora dos espazos e servizos públicos no Castiñeiriño e para a ampliación dun parque infantil.
3.- Presentada polo BNG para mellorar a información e sinalización turística.
4.- Presentada polo PP para o avance na modernización ferroviaria de Galicia e a dotación de trens Avril de ancho variable.
5.- Presentada polo BNG para dar a coñecer o espazo Monte de Deus e atender as demandas veciñais para estender as liñas de autobús urbano a Vite de Arriba.
6.- Presentada por CA para apoiar as reivindicacións das tripulacións de cabina que operan no aeroporto.
7.- Presentada por CA para completar o proxecto de reforma do límite leste da Alameda e as obras de reforma e mellora da accesibilidade da rúa do Pombal para impulsar mecanismos de coordinación entre concellarías nas obras.

Compartir: