Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a exposición "Manolo Paz. A distancia que une". Na rolda tamén estarán o escultor e o comisario da mostra, David Barro.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, concentración silenciosa de 5 minutos en homenaxe a Miguel Ángel Blanco e ás víctimas do terrorismo, a iniciativa da FEMP.

12.15 h
No Salón Amarelo, recepción ao embaixador da República de Corea (Corea do Sur), Sahnghoon Bahk.

Compartir: