Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 29 de febreiro

11:00 h
No Auditorio Afundación, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, asiste á inauguración da xornada "Solucións tecnolóxicas aplicadas ao aloxamento vacacional en Galicia".

De 11.00 a 22:00 h
Na praza de Cervantes, Festival Rosalía. Feira de produtos con "marca Rosalía" e diversas actividades de balde, todas na praza, agás a representación de teatro "Rosalía", que será no Museo do Pobo Galego ás 17.00 h.

12.00 h
No Hotel Oca Puerta del Camino (rúa de Miguel Ferro Caaveiro), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela", da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.

12:30 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á inauguración da exposición "As pequenas cousas. De como os obxectos gardaron unha memoria perseguida".

20:00 h
No Auditorio Abanca, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste á entrega dos premios "Educa Abanca".

20:00 h
Na Casa da Cultura do Milladoiro, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, asiste, como madriña, á XIV Gala do Deporte de Ames.

Compartir: