Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsions informativas para o xoves 20 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Residencia Volta do Castro, ‘Concerto para Maiores’ da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño. Interpretan obras de Lope, Sorozábal, Calero, Romo, Domínguez, del Río e Soutullo.

11.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cos representantes da Fundación Santiago Centro.

12.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar as Festas do Entroido. Tamén estarán Os Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño, os Armatroulas, e José Manuel Méndez, autor do Meco.

16.00 h
Na Cidade da Cultura (Edificio CINC), o conselleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste á inauguración oficial do "32 Congreso nacional OPC Spain" de organizadores profesionais de congresos.

16.30 h
No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (CIPX) de Belvís presentación do proxecto de investigación "Xardíns do Camiño".

18.30 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á presentación de "Máscaras tradicionais galegas. Bonitos de Samede".

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Contrastes’, concerto da pianista Varvara Enmarcado no Ciclo de Piano Ángel Brage e no Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia, o programa recolle obras de Beethoven e Mussorgski.

Compartir: