Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 9 de maio

10.30 h
Na aula da Praza de Abastos, as concelleiras Marta Lois e Noa Morales, acompañadas da xerenta da praza, Marta Rey, presentan a campaña "Na porta da túa casa".

12.00 h
No comedor do Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Antonio López, participan na apertura da exposición "Carlos Maside (Patrimonio de Galicia)". Asisten: Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Belén Hernández, xerenta do Consorcio; Asunción Leiceaga, da Plataforma Maside; e Xulio Maside Medina, en representación da familia.

18.00 a 20.00 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, #CONVERSANDO: "Nin tolas nin histéricas: consecuencias da violencia obstétrica", actividade do Club C! relacionada co espectáculo "Anatomía dunha serea". Relatora: Martina González, psicóloga e sexóloga.

20.30 h
No Teatro Principal, "Anatomía dunha serea’",de Chévere-A Berberecheira, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Ao remate do espectáculo, #POSFUNCION dentro do Club C!.

Compartir: