Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 21 de outubro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste á presentación do proxecto AQUAE STEM.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co director rexional de El Corte Inglés Galicia-Asturias, Javier Esteban.

13.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con Jaime de Nardiz, director de diagnóstico cultural de Great Place to Work e ponente en Talentia Summit’19.

13.45 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con Miguel Ángel Ruiz, Brand Strategy & Innovation Senior Manager de Samsung España, e ponente en Talentia Summit’19.

16.30 h
No Hotel NH, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con Sonia Mulero, directora da Fundación Banco Sabadell, e ponente en Talentia Summit’19.

Talentia Summit’19
(Sala Ángel Brage, Auditorio de Galicia)
FOTO DE FAMILIA inicial.
18.00 h
Inicio do acto e benvida do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
Ponencias:
- José Luis Pérez Pla, consultor director en Cegos e responsable da Escola de Excelencia Comercial de Telefónica: "A xénese do "talentum", desde unha unidade monetaria ao motor das organizacións e a sociedade".
- Miguel Ángel Ruiz, Brand Strategy & Innovation Senior Manager de Samsung España: "A misión dunha compañía tecnolóxica líder nun mundo cada vez máis disruptivo, global e dixital".
- Federico Buyolo, director xeral da Oficina da Alta Comisionada para a Axenda 2030: "Axenda 2030, acción de goberno e políticas públicas".
- Sonia Mulero, directora da Fundación Banco Sabadell: "Conversación: coñecemento, innovación e talento, os piares do cambio".
- Jaime de Nardiz Pérez, director diagnóstico cultural, Great Place to Work: "Competencia universal polo talento, tendencias presentes e futuras para a xestión de persoas".
- Paul Tran, director de Recursos Humanos de Hijos de Rivera, S.A: "Que pasos seguimos para ser un mellor lugar onde traballar?"
19.40 h
Chegada da ministra de Economía e Empresa en funcións, Nadia Calviño, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.
FOTO DE FAMILIA
Ponencia final:
- Javier Sirvent, evanxelista tecnolóxico: "Nunca fixeramos cambios tan rápidos nas nosas vidas, pero xamais volveremos ir tan despacio".
Intervención das autoridades.

20.00 h
No Teatro Principal, xornada inaugural da Semana de Cine Euroárabe AMAL. Toda a información en amalfestival.com

Compartir: