Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 17 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar ‘Los limones, la nieve y todo lo demás’ de Matarile Teatro que teremos o sábado no Auditorio de Galicia. Asisten tamén Ana Vallés (codirectora do espectáculo e da compañía) e Baltasar Patiño (iluminador e escenógrafo do espectáculo e codirector da compañía).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos últimos datos de "Talentia Summit’19: o maior cume do talento". Na rolda tamén estará Bea García Cibeiro e Javier Represas, mentores de Talentia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, para presentar os actos con motivo do Día europeo contra a trata, que se celebra o venres 18.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

19.45 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Conversando con… Maximino Zumalave, previo ao concerto no que dirixe á Real Filharmonía de Galicia ás 20.30 h.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Norte, Sul e Leste’, concerto da Real Filharmonía de Galicia e o pianista Dmytro Choni, dirixidos por Maximino Zumalave. Dentro do Programa de Abono e do Ciclo de Piano Ángel Brage. .

XXIV Festival Internacional Galicreques 2019
No Teatro Principal, Centros Socioculturais e outros espazos, ao longo de todo o día.
Toda a información en galicreques.com

Compartir: