Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 29 de setembro

9.30 h
No CIAC (Belvís), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o foro STO Santiago, Turismo Ordenado: repensando a relación entre o turismo e a cidade.

9.30 h a 13.30 h
No CSC de Vite, Xornada urbana Proxecto Surigam (Cultura urbana + Discapacidade), organizado por Vella Escola.

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o profesorado e alumnado do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña, especialidade en arquitectura de aloxamentos turísticos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na zona azul de Área Central, ROLDA DE PRENSA de presentación da I Carreira e Andaina Solidaria TRAS-RIL-SAN. Participan o concelleiro de Deporte de Santiago, Rafael Peña, e o atleta Pedro Nimo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño, para presentar o Ciclo de Outono.

13.30 h
Na Cidade da Cultura (Museo Centro Gaiás), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o evento SPIN 2016

19.30 h
Na Praza das Praterías, Marchas&Danzas, concerto da Banda Municipal de Música. Dirixida por Casiano Mouriño.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recibe os participantes no congreso Fourth Santiago de Compostela International Workshop on Discourse Analysis IWODA´16.

21.00 h
Na Sala Capitol, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración do Festival Internacional de Cine, Curtocircuíto, á que tamén asisten a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo. Haberá un live cinema Mecatrónica de Música Prepost e actuación de DJ Prepost.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Caverna. Concerto de corpos para voz e arpa con Mónica de Nut, Luis Martins, Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez dentro da programación de Teatro&Danza.

Festival Internacional de Títeres, Galicreques
11:00 H / SGAE / El ojo títeres (Arxentina-Uruguai): «Cineamano»
11:30 H / Teatro Principal / Victor Biau (México): «Telón de cielo»
18:30 H / Teatro Principal / Victor Biau (México): «Telón de cielo»
Toda a información: www.galicreques.com

Compartir: