Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 28 de febreiro

10.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Marta Abal sobre asuntos de carácter local.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Míriam Louzao, para presentar o programa da Festa da Uña. Na rolda tamén estarán a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; o presidente da Orde da Uña, Fernando Neira; e o xerente do Centro Comercial As Cancelas, Javier Nicolás Blanco.

11.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude en funcións, Xan Duro, preside a sinatura do V Pacto Local polo Emprego. No acto participarán representantes da Universidade de Santiago de Compostela, a Cámara de Comercio, UXT, CC.OO, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, a Asociación Hostelería Compostela, Hostalería.gal, e a Asociación Plataforma polo Emprego. A sinatura realizarase no Salón Verde (só gráficos) e ás 11.15 h haberá declaracións no Salón Vermello.

20.30 h
No Auditorio, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na gala de entrega dos Premios Serenidade.

Compartir: