Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 10 de xuño

12.00 h
Na sede da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple – ACEM, (rúa Queixume dos pinos, 4, Salgueiriños), a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da campaña solidaria "Móvete en taxi pola esclerose". Na rolda tamén estarán Mª Teresa González Salvadores, presidenta de ACEM; Jesús García, presidente de Radio Taxi Compostela, Ames e Teo; e Jesús Pena, presidente de Tele Taxi Compostela.
NOTA: Ao finalizar a rolda de prensa, haberá dous taxis no exterior de ACEM para observar a materialización da campaña nos vehículos.
Prégase confirmación de asistencia para planificar a distribución do espazo vía e-mail (comunicacionacemstgo@gmail.com) ou no teléfono 661 769 008.

18.00 h
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, participa telematicamente na xornada "A planificación urbanística como ferramenta para combater o cambio climático: xestión de riscos, mobilidade e saúde", do ciclo "Cara a onde vai o noso urbanismo", organizado polo COAG.

Compartir: