Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 7 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, "O flamenco e as outras músicas", co Marcos Teira Quinteto Nós, dentro do Programa Didáctico de Compostela Cultura.

10.00 h (9.00, hora local)
En Matosinhos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á XXVIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar as perspectivas turísticas para o ano 2020.

19.00 h
No Auditorio do IES Rosalía de Castro, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste á entrega do III Premio Stephen Hawking de xoves investigadores.

20.30 h
No Salón de Actos da Facultade de Dereito da USC. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á representación "Please, continue (Hamlet)", no marco do festival "Escenas do cambio".

Compartir: