Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 6 de febreiro

11.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visitan as obras da escalinata da Catedral.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Quiroga Palacios.

12.15 h
Na terraza do Pazo de Raxoi, ROLDA DE PRENSA de presentación do Entroido dos Xenerais da Ulla. Asisten:
Gonzalo Muíños, concelleiro de Festas de Santiago
Manuel Fernández Munín, alcalde de Boqueixón
Ignacio Codesido Barreiro, alcalde de Touro
Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra
Juan Constenla, concelleiro de Cultura da Estrada
Mónica González Conde, concelleira de Cultura e Turismo de Silleda
Iria Otero Romero, concelleira de Turismo de Teo
Julio López Carballal, concelleiro de Cultura de Vila de Cruces
2 xenerais de Touro (de Bama e Fao)
1 xenerala de Boqueixón (parroquia de Sergude)
1 xenerala e 1 correo de Santiago (de Angrois e Aríns)
1 xeneral de Santiago, Suso Cebeiro (do Eixo), que intervirá no nome de todos os Xenerais da Ulla

20.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta, a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asiste a unha conferencia sobre o cancro oral e a súa prevención organizada pola AECC de Santiago.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Outros mundos", concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jonathan Webb. Enmarcado no Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia, no concerto interpretan obras de Pärt, Britten e Weill.

20.30 h
No Teatro Principal, "Samedi Détente", de Dorothée Munyaneza, dentro do ciclo Escenas do Cambio. Trátase da estrea en España deste espectáculo en francés con subtítulos en galego.

Compartir: