Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 27 de febreiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Noa Díaz, para presentar a programación para este 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

17:00 h
Pleno ordinario (NOTA: haberá streaming)
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 30 de xaneiro de 2020.
2.- Aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM nas disposicións transitorias 2ª e 12ª. Plan Parcial de Fontiñas e PERIS de Concheiros, Vieiro e Outeiro.
3.- Proposición do grupo municipal do BNG, para crear o Consello de Participación e Transparencia.
4.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para o incremento de efectivos no corpo da Policía Local.
5.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para instar ao goberno do Estado a determinar unha achega ao Concello e establecer unha axenda para o Xacobeo.
6.- Proposición do grupo municipal de CA, para impulsar un complexo deportivo ao aire libre no barrio de Sar.
7.- Dar conta de execución orzamentaria correspondente ao cuarto trimestre do 2019.
8.- Dar conta de expedientes de modificacións orzamentarias correspondentes ao cuarto trimestre do ano 2019.
9.- Dar conta de resolución da Alcaldía, de data 6 de febreiro de 2020, de delegación de funcións da Alcaldía.
10.- Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11.- Comparecencia da concelleira delegada de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente e Parques e Xardíns.
12.- Rogos, preguntas e interpelacións.
13.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Teatro Principal, "A dúas bandas", concerto da Banda Municipal de Música e do Conservatorio Profesional de Música de Santiago (CMUS), dirixidas por Casiano Mouriño. Interpretan obras de Sparke, Rivas Domínguez, Martínez Gallego e Márquez.

Compartir: