Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 18 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, para presentar a terceira edición do proxecto "Descarboniza! Que non é pouco…", deseñado polo Grupo de Investigación SEPA (Pedagoxía Social e Educación Ambiental), da USC. Na rolda estará tamén Miguel Pardellas, en representación do SEPA.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da VIII edición do Festival Atlántica. Na rolda estarán:
Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural
Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña.
Mayte Argibay, concelleira de Cultura e Educación do Concello de Teo
Lucía Mosquera, técnica de xestión cultural.
Antonio Golpe, concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol.
Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar os programas "Imos de excursión 2020" e "Entendendo a cidade: roteiros comentados 2020". Na rolda tamén estará o coordinador dos roteiros, Eduardo Sánchez Novais.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
Na Escola Oficial de Idiomas, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste á presentación dos temas musicais seleccionados para acceder ao premio do certame Aritmar 2020.

19.30 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do libro "Bonaval, de onte a hoxe. Da arquitectura á cidade". No acto tamén estarán os autores: os arquitectos Celestino García Braña, Xerardo Estévez Fernández e Adrián Alonso Lorenzo, e a historiadora e museóloga María Xosé Fernández Cerviño; e o director de Teófilo Comunicación, José Luis Teófilo.

20.30 h
No Hotel Peregrino, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios do II Maxistral de Xadrez Cidade de Santiago.

Compartir: