Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 10 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, N+1 Teatro, Circo, Danza presentan "Involución", dentro do Programa Didáctico de Compostela Cultura.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e o xefe dos Bombeiros de Santiago, Manuel Sanmartín, presentan os novos vehículos adquiridos para o servizo de Bombeiros.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste á inauguración do IV Congreso NOSA, organizado polo IES Xelmírez II.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Itínera de voluntarios en saúde mental.

14.00 h
Na Asociación Hostelería Compostela (rúa das Salvadas, 29), o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, clausura a I Xornada de ACEGA "Restauración tamén sen glute".

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Federación de ANPAS.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños Serafín Zas.

Compartir: