Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 20 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta, Branca Novoneyra, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños A Xuntanza.

19.30 h
No Campo de Fútbol de Belvís, as concelleiras de Políticas Sociais, Mila Castro, e de Deportes, Esther Pedrosa, visitan os menores que participan no proxecto "Escola de Fútbol" no que colabora o Concello e a Fundación Atlético de Madrid.

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste á inauguración da exposición "Compro, vendo, cambio", de María X. Fernández.

Compartir: