Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de setembro

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar Talentia Summit’19.

13.30 h
No Polígono do Tambre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia.

19.00 h
Na Igrexa de Conxo, RFG na cidade, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel cun programa con obras de Elgar, Beethoven e Bizet.

20.00 h
No Cersia, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, asiste á Gala da VII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan.

21.00 h
Na praza 8 de marzo, concentración en repulsa polos últimos asasinatos machistas. A praza iluminarase de violeta

21.00 h
Na praza 8 de marzo, concentración en repulsa polos últimos asasinatos machistas. A praza iluminarase de violeta.

Varios lugares e horas
Desde as 12 h e ata as 20 h, visitas guiadas a diferentes espazos da cidade, dentro da Semana do Patrimonio Invisible.

Compartir: