Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas par o xoves 19 de setembro

10.00 h
No Centro Obra Social Abanca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura o XXI Congreso Internacional Galicia-Norte de Portugal de formación para o traballo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación de Curtocircuíto 2019, que se celebrará entre o 28 de setembro e o 6 de outubro. Asisten:
Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago
Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago
Xurxo Couto, deputado provincial delegado de Cultura da Deputación da Coruña
Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia
Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

17.30 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición de vehículos a gas natural comprimido, organizada pola empresa Nedgia, dentro da Semana Europea da Mobilidade.

19.00 h
No Centro Sociocultural de Vite, "RFG na cidade", concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel cun programa con obras de Elgar, Beethoven e Bizet.

19.30 h
Na Praza das Praterías, "Da Danza á Copla", concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.

Varios lugares e horas
Desde as 12 h e ata ás 20 h, Visitas Guiadas a diferentes espazos da cidade, dentro da Semana do Patrimonio Invisible.

Compartir: