Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar os 20º Xogos autonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia. Na rolda estarán Eladio Fernández, presidente da entidade; Javier García, o seu secretario; e Jesús Cobos, un dos atletas que participará na proba.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a Campaña de recollida de aceite vexetal usado, que se desenvolve en colaboración con Compostela Inserta. Na rolda tamén participará Miguel Fernández, en representación da empresa de inserción laboral.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a cuarta edición do ciclo "De Lugares e Órganos". Na rolda tamén participará a directora artística do programa, Belén Bermejo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a Festa do Banquete.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Martiño Noriega, presenta o libro "Victoriano García Martí. Por los caminos del siglo XX. Obra periodística olvidada (1914-1963)". Na rolda tamén participarán Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Arantxa Fuentes Ríos, autora do libro; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio, e Henrique Alvarellos, director da editorial Alvarellos.

Compartir: